viernes, 9 de abril de 2010

O interés pola lectura.

O interés pola lectura pode ser presentado ante o neno dunha forma sinxela e duradeira.
É sabido por todos que é sumamente importante a adquisición do hábito lector nos escolares e dase unha grande dificultade é a falta de coñecemento dalgúns pais sobre como situar o neno/a neste camiño.
O interés pola lectura pode ser suxerido ó neno/a e xa nos primeiros anos da vida, o neno/a comeza a ter contacto cos libros, antes mesmo de que aprenda a ler, cando os mira, os toca, os colle das estanterías, etc...
Algunhas investigacións consideran que os nenos e nenas que teñen contacto cos libros, estarán máis preparados para ter éxito nos seus estudos e na vida en xeral. O acto de ler ou sinxelamente ollear libros fará que os nenos sexan máis imaxinativos, intelixentes e creativos.
Como podes fomentar a lectura?
Primeiro é necesario que o teu fillo/a te vexa cun libro na man. Sentirán máis interés se teñen libros no seu entorno, é dicir, se os teñen o seu alcance no ámbito familiar.
Comeza con libros de tacto, olores, diferentes texturas. Podes solicitar os libros adecuados para o teu fillo/a na nosa Axencia de Lectura.
Fai o teu carné gratuíto, e comeza a maravillosa aventura dos libros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario